SANTIAGO DE COMPOSTELA 18 Oct. (EUROPA PRESS) -
A Seguridade Social farase cargo do custo do tratamento que requira o fármaco Yondelis- un composto mariño que loita contra os casos avanzados de sarcoma de tecidos brandos-, salvo que o paciente acuda a un centro privado, segundo adiantou hoxe o presidente de Zeltia, José María Fernández Sousa-Faro.
En declaracións aos medios tras participar en Santiago de Compostela no 25 aniversario de Feuga, Sousa-Faro confirmou que Yondelis "se"empezará a comercializar en España en 2008", ao igual que noutros países como Dinamarca, Noruega ou Austria.
Na actualidade xa se está a vender en Alemaña e en Gran Bretaña, onde se o ciclo de tratamento costa uns 5.050 euros. O máximo responsable de Zeltia destacou que co Yondelis a empresa creou "moito valor" para o seu accionista e "seguirao facendo". "O máis difícil xa o fixemos, pois fomos a primeira empresa española que o rexistra en España,", recordou.
José María Fernández Sousa-Faro tamén adiantou que Neuropharma, filial de Zeltia, prevé salar a bolsa "a finais de 2008 ou principios de 2009". Precisou que Pharmamar non cotizará porque está integrada no grupo.
O presidente de Zeltia asegurou que existes "boas expectativas" para combater os canceres de ovario e de mama e engadiu que "xa están estudios en marcha e, se todo vai ben", rexistraranse fármacos para estes tumores.