SANTIAGO DE COMPOSTELA 4 Mar. (EUROPA PRESS) -
O pleno do Tribunal Constitucional admitiu a trámite o conflito de competencia promovido polo Goberno central contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se aproba o catálogo priorizado de produtos farmacéuticos de Galicia.
Así o recolle a resolución do TC, á que tivo acceso Europa Press, na que se recorda que o conflito vai tamén contra as actuacións determinantes da aprobación deste e contra o propio catálogo priorizado de produtos farmacéuticos.
A decisión do Constitucional prodúcese un día despois de facer público o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a súa decisión de non suspender a execución do acordo do Consello da Xunta polo que se aproba o catálogo priorizado de medicamentos demandada por ao Federación de Farmacias de Galicia, xa que considera que non pode adoptarse tal medida "sobre simple alegacións e conxecturas sen avais documentais, periciais ou indicios obxectivos de solidez".
(HABERÁ AMPLIACIÓN)