O BNG reclama a Negreira que cumpra a Lei de Memoria Histórica respecto ás distincións do "fascista" Millán Astray

Actualizado: lunes, 15 agosto 2011 21:47

A CORUÑA 15 Ago. (EUROPA PRESS) -

O BNG reclamou ao rexedor da Coruña, Carlos Negreira, o cumprimento da Lei de Memoria Histórica respecto aos títulos honoríficos "dun fascista" como Millán Astray para que a cidade "deixe de ser a capital da simboloxía franquista", permitindo practicar políticas de concienciación e información dos cidadáns "nos valores democráticos".

Os nacionalistas sinalaron, nun comunicado, que o goberno municipal de Negreira deberá xustificar ante a Comisión de Honras e Distincións por que, setenta anos despois do golpe militar, ratifica a distinción de 'Fillo Predilecto' a "un fascista" do que, aseguran, o alcalde dixo "que era un coruñés de pro".

Así mesmo, o BNG engadiu que "con independencia de sentenzas xudiciais e informes xurídicos", o Concello da Coruña posúe "plena competencia" para conceder ou retirar distincións sen necesidade de aplicar a Lei de Memoria Histórica, polo que interpretaron que, ao manter este título, a corporación municipal coruñesa considera ao golpista, segundo subliñou, "exemplo para as xeracións futuras".

Neste sentido, como mostra da súa desconformidade, anunciou que levará a Comisión de Honras, a través do seu representante, Xosé Manuel Carril, unha proposta para acordar que se lle retiren todas as honras que se lle concederon a Millán Astray "con independencia da época na que lle fosen entregados", apostilou.