Detido en Vigo un home cuxa muller foi atopada morta

Actualizado: jueves, 29 octubre 2015 19:55

VIGO, 29 Oct. (EUROPA PRESS) -

   A Policía detivo un home de 62 anos de idade cuxa muller faleceu tras precipitarse dende un terceiro piso nun edificio do barrio vigués do Calvario.

   Os investigadores tratan agora de determinar se se trata dun novo caso de violencia machista e se o home detido botou a vítima pola ventá.

   Segundo confirmaron a Europa Press fontes policiais, o 092 recibiu un aviso sobre as 4,30 horas deste xoves pola aparición dunha muller no patio interior dun inmoble da rúa Carrizo.

   Ao chegar á vivenda da falecida os axentes atoparon todo revolvido, polo que procederon á detención do marido ante a posibilidade de que se producise un episodio de violencia de xénero.

   Ao lugar acudiron efectivos de emerxencias sanitarias, pero non puideron facer nada pola muller, de nacionalidade portuguesa e 70 anos de idade, que faleceu na ambulancia.