SANTIAGO DE COMPOSTELA 11 Jun. (EUROPA PRESS) -
Os Premios Xerais 2011 recoñeceron a Xavier Queipo como gañador na categoría de novela coa obra 'Extramunde', a Héctor Carré co Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil por 'Febre'; e a Anxo Fariña co Premio Merlín de Literatura Infantil por 'A Chave da Atlántida'.
Deste modo, o xurado da XXVIII edición do Premio Xerais de Novela --dotado con 25.000 euros e ao que concorreron corenta obras-- valorou a "calidade" da escrita de Queipo en 'Extramunde', na que destaca "unha arranque espectacular e unha enorme plasticidade", xunto a "un pulso narrativo vibrante, de grande intensidade".
En palabras de Xavier Queipo, esta obra "é unha novela de aventuras, onde unha pléyade de personaxes alucinados embarcan nunha viaxe a bordo dunha nave de tolos, que ao final, constitúe o personaxe central da novela".
Deste modo, o escritor nacido en Santiago de Compostela (1957), agradeceu este galardón como "unha feliz confluencia" coa edición de 'Ártico 2.0', que revisa o seu primeiro libro.
"Na escola ensináronme o importante que é o contrato que o escritor establece co lector nas primeiras páxinas e así foi que arranquei a escrita desta novela cun inicio alucinado que nos ha de levar, tras múltiples navegaciones e peripecias a un final reflexivo, pois me ensinaron tamén na escola que ese é o obxectivo de toda lectura, abrir unha pregunta e invitar á reflexión,", subliñou Queipo.
Ao acto literario-musical celebrado este sábado no Auditorio de A Illa de San Simón, e presentado por Celia Torres, asistiron máis de 300 asistentes, entre os que se atopaban, entre outros, o director de Xerais, Manuel Bragado, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, o alcalde de Redondela, Javier Bas, e o director xeral do Libro, Francisco López Rodríguez.
HÉCTOR CARRÉ
Pola súa banda, o xurado da Vª edición o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros, premiou a obra 'Febre' do director de cinema nacido en A Coruña Héctor Carré que relata un episodio localizado na localidade de Noia, durante a "febre do volframio" extraido de forma clandestina en plena II Guera Mundial.
Segundo conta Carré (1960), esta obra naceu dos seus recordos de infancia nos que escoitou moitas historias sobre esta temática onde o conflito principal da novela "está localizado entre filla e pai", segundo el mesmo relata.
"Decidín escribir esta historia deixándome levar por ese estilo das películas do oeste, un estilo épico que encaixaba perfectamente na loita do personaxe central, Carmucha, unha rapaza que ten que enfrontarse a un inimigo infinitamente máis forte na procura da súa liberdade", deste xeito resumiu Carré de onde sacou a inspiración para a obra premiada.
ANXO FARIÑA
Así mesmo, o xurado da XXVI edición Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros, recoñeceu a obra de ciencia ficción de Anxo Fariña 'A chave dá Atlántida' polo seu "ritmo trepidante" no que se mesturan os mitos dunha civilización antiga coas posibilidades da robótica futurista.
Tras coñecer a concesión do premio, Fariña (Vigo, 1977) subliñou que de pequeno quería ser pirata e astronauta, e grazas aos libros conseguiu o seu sono de poder ser "pirata espacial".
"Agora que me conceden o premio Merlín, o único que podo dicir é que este galardón supón un marabilloso impulso para este foguete co que atravesar o espazo e vivir mil aventuras", destacou Fariña.