FERROL 5 May. (EUROPA PRESS) -
O colectivo Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos retiraron ao longo desta fin de semana "máis de 200 quilos de residuos" e "outros centos máis de madeira" do regato de Doniños, en Ferrol.
A través dun comunicado, esta asociación destacou que un total de 14 persoas "de diversas idades" colaboraron nestes labores de limpeza dunha "das paraxes máis visitadas de Ferrol".
Ademais, realizou unha chamada de atención "ás autoridades" para que "dunha vez por todas" realicen "labores de limpeza e vixilancia" dos espazos naturais ou que, polo menos, "teñan a dignidade de mandar recoller as bolsas de lixo".