EuropaPress.es  Imprimir

Tribunais.- O Supremo alega que a DEA pola regasificadora de Mugardos "non pode ser impugnado de forma autónoma"

Sede del Tribunal Supremo
EP
Actualizado: lunes, 27 diciembre 2010 18:49

Un maxistrado emite voto particular porque a sentenza "se limita a remitirse ao declarado na precedente de novembro de 2008"

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Dic. (EUROPA PRESS) -

O Tribunal Supremo (TS) explica que a declaración de efectos ambientais (DEA) emitida en relación co proxecto da planta regasificadora de Mugardos (A Coruña) "non pode ser impugnado de forma autónoma en vía xurisdicional".

Deste modo, o Supremo argumenta na sentenza do 26 de novembro, dada a coñecer este mes, á que tivo acceso Europa Press, que o axuizamento da declaración ambiental "só poderá levarse a cabo con motivo da impugnación que se dirixa contra o acto que poña fin ao procedemento".

O recurso de casación foi interposto por Regasificadora do Noroeste S.A. e a Xunta de Galicia contra a sentenza da Sección Segunda da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 27 de xuño de 2006, na que se estima o recurso contencioso-administrativo da Plataforma de Veciños da Parroquia de Meha.

Deste modo, anulábase, "por ser contraria a dereito", a resolución da Consellería de Medio Ambiente do 15 de marzo de 2002 que inadmitió o recurso de alzada promovido contra resolución da Dirección Xeral de Calidad e Avaliación Ambiental do 11 de xuño de 2001 pola que se formula Declaración de Efectos Ambientais do proxecto de planta de almacenamento e regasificación de gas licuado de Mugardos.

"Vimos que a Xunta de Galicia, no seu primeiro motivo de casación, alega que a sentenza de instancia infrinxiu os artigos 25 e 69.c da Lei reguladora desta Xurisdición a rexeitar a causa de inadmisibilidade formulada no proceso de instancia por estar dirixido o recurso contencioso-administrativo contra unha acto de trámite", expón o fallo do Supremo, contra o que non cabe recurso.

"Similar alegación sostén a representación da entidade Regasificadora do Noroeste S.A, que no seu primeiro motivo casacional invoca como infrinxidos os mesmos preceptos aducindo tamén que o recurso contencioso-administrativo era inadmisible por estar dirixido contra un acto de trámite non susceptible de recurso", expón o tribunal, e xustifica que "ambos os dous motivos deben ser estimados".

RECURSO DE VECIÑOS

O Supremo declarou, ademais, "inadmisible" o recurso contencioso-administrativo interposto en representación da Plataforma de Veciños da parroquia de Meha contra resolución da Consellería de Medio Ambiente do 15 de marzo de 2002 que inadmite o recurso de alzada promovido contra resolución da Dirección Xeral de Calidad e Avaliación Ambiental do 11 de xuño de 2001 pola que se formula Declaración de Efectos Ambientais do proxecto de planta de almacenamento e regasificación de gas licuado de Mugardos.

Con todo, o Supremo non fai imposición de costas no proceso de instancia, "debendo correr cada parte coas súas no recurso de casación", precisa.

Na sentenza recóllese o voto particular do maxistrado Jesús Ernesto Peces Morate ao disentir da decisión adoptada pola Sección Quinta da Sala Terceira do Tribunal Supremo na sentenza do 26 de novembro, ao argumentar que se "limítase exclusivamente a remitirse ao declarado na precedente do 14 de novembro de 2008".

"Esgrimindo ambas as dúas uns argumentos que xa foron acollidos, de maneira que, para non incorrer en innecesarias reiteracións, nin sequera se reproducen as consideracións, que se expuxeron naquela sentenza", apostila.

Este maxistrado tamén emitira voto particular á sentenza do 14 de novembro de 2008 para "non incorrer tampouco en innecesarias reiteracións".

VALIDEZ

Para Reganosa, esta actuación o Tribunal Supremo "pon fin a todas as impugnacións abertas en relación coa DEA da regasificadora". "En consecuencia, a DEA ha de ser considerada un acto administrativo cuxa validez resulta confirmada por dúas sentenzas firmes do Supremo e que surte plenos efectos", considera a empresa, que destacou que o fallo avala a "plena legalidade" da regasificadora de Mugardos.

Non obstante, o Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, que dende o ano 2001 se opón á situación da planta no interior da ría, asegurou que a nova sentenza emitida polo Tribunal Supremo "non entra no fondo do asunto" e non analiza a legalidade da regasificadora. Por iso, sostén que só dá a razón á empresa e á Xunta de Galicia no feito de que non era admisible que os veciños presentasen recurso no proceso administrativo de declaración de efectos ambientais.

© 2024 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los servicios de Europa Press sin su previo y expreso consentimiento.