O 98% dos nados nos hospitais galegos durante a campaña inmunizáronse contra o VRS

Un bebé sendo inmunizado.
XUNTA
Publicado: sábado, 7 octubre 2023 13:49

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 7 Oct. (EUROPA PRESS) -

O 98% dos bebés nados nos hospitais galegos durante a campaña de inmunización contra o virus respiratorio sincitial (RVS) recibiron a dose, mentres que a cobertura da poboación infantil de risco alcanza o 92% dos citados.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou este sábado a importante aceptación desta nova inmunización durante o acto de inauguración da XXIV Xornada central de formación en vacinas, na que se actualizan anualmente as novidades en canto á inmunización para a prevención de enfermidades transmisibles.

A estes dous grupos, explicou Comesaña, súmanse os bebés nados desde o 1 de abril de 2023, aos que Saúde Pública está a citar ao longo desta semana e a próxima a través de SMS. Son xa máis de 1.700 nenos inmunizados neste grupo que, xunto cos anteriores, fan un total de 2.500 bebés galegos protexidos contra este virus respiratorio.

Por outra banda, A falta dunha semana para finalizar a vacinación fronte á gripe e a covid en residencias de persoas maiores e con discapacidade, Galicia leva vacinado preto de 20.000 persoas e está próxima a alcanzar o obxectivo de 24.000 neste segmento da poboación diana, dixo o conselleiro.

A partir do luns 16 de outubro as persoas maiores de 80 anos vacinaranse nos seus centros de saúde de referencia ou ben no seu domicilio no caso de ter problemas de mobilidade. Para maior facilidade, tamén se lles permitirá recibir a vacina nos centros de vacinación masiva que abrirán ao longo deste mes de outubro. No que respecta á gripe, o día 16 dará comezo tamén a vacinación infantil.

XORNADA DE VACINAS

Durante a súa intervención na inauguración da xornada, Julio García Comesaña lembrou as últimas incorporacións ao calendario galego de inmunización ao longo de toda a vida, que sitúan a Galicia como "referencia nacional" neste ámbito.

"O calendario de vacinación para toda a vida pasou a denominarse calendario de inmunización ao longo de toda a vida tras a incorporación de novos produtos como os anticorpos monoclonais para a prevención do virus respiratorio sincitial en bebés", dixo Comesaña ao facer mención ao recente inicio da inmunización fronte ao VRS de todos os nenos e nenas nacidos en hospitais galegos.

A xornada desenvólvese en tres mesas dedicadas á vacinación en idade adulta, inmunización infantil e ao calendario completo, respectivamente, e conta con especialistas en saúde pública, epidemioloxía, medicina preventivo e pediatría. Previamente, as técnicas da dirección xeral de Saúde Pública desenvolveron xornadas a nivel territorial no catro provincias.

Nestas xornadas, especialistas da sanidade galega fórmanse nas novidades dun calendario de inmunización que en 2023 engadiu o anticorpo contra o virus respiratorio sincitial, a vacina do rotavirus e a vacina tretavalente da meningocócica na poboación infantil, ademais da vacina do herpes zóster en adultos.