SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 Dic. (EUROPA PRESS) -
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes activou a alerta laranxa para este domingo por temporal costeiro no noroeste e oeste da provincia da Coruña e na Mariña de Lugo.
Para garantir a seguridade, a Xunta informou da situación aos concellos das provincias afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde primeira hora da tarde deste domingo por mar combinada do noroeste con ondas de até seis metros. Así mesmo, o resto do litoral galego estará en alerta amarela por mar combinado do noroeste con ondas de até cinco metros.
A Xunta lembrou a importancia de manterse afastado da liña de costa e de extremar as medidas de seguridade para realizar calquera actividade no mar.