Agustín Hernández non continuará como presidente do Consello Económico e Social

Archivo - Arquivo - O presidente do Consello Económico e Social, Agustín Hernández, e Cristina Rama --representante da Confederación de Empresarios de Galicia no CES-- presentan a memoria do CES de 2022
EUROPA PRESS - Archivo
Publicado: miércoles, 13 septiembre 2023 14:11

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Sep. (EUROPA PRESS) -

   O que fora conselleiro de Medio Ambiente do Goberno de Alberto Núñez Feijóo na Xunta e alcalde de Santiago, Agustín Hernández, non continuará como presidente do Consello Económico e Social (CES)

   Diso informou o CES nun comunicado, no que detalla que, transcorridos o catro anos na presidencia deste órgano, o propio Agustín Hernández trasladou este mércores ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a súa decisión de non continuar no cargo.

   Hernández fora designado fai catro anos polo presidente Alberto Núñez Feijóo para desempeñar este cargo. De acordo coa normativa aplicable, o presidente do Consello continuará exercendo as súas funcións até o nomeamento do novo presidente ou presidenta.

Leer más acerca de: