Álvarez (PSdeG) defende a "alternativa socialista" e avisa: "Galicia non pode esperar" a que Rueda "aprenda"

Intervención de Luís Álvarez, portavoz PSG-PSOE, na PLENO INVESTIDURA ALFONSO RUEDA presidente Xunta no Parlamento de Galicia
ÁLVARO BALLESTEROS / EUROPA PRESS
Publicado: jueves, 12 mayo 2022 11:43

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 May. (EUROPA PRESS) -

   O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, defendeu a "alternativa socialista" para liderar Galicia fronte á proposta "vella e esgotada" presentada polo candidato popular á Presidencia da Xunta, Alfonso Rueda, a quen avisou: "Galicia non pode esperar a que vostede aprenda".

   Na súa intervención no debate de investidura, Álvarez contrapuxo o modelo de país "activado e en marcha", que "recupere a ilusión e o dinamismo, que supere os complexos do PP" fronte á proposta "sen ilusión" e con "fatiga" que, na súa opinión, representa Rueda.

   "No canto de ideas frescas o que vemos é esgotamento e as mesmas palabras de sempre", sostivo Luís Álvarez, nun discurso no que asegurou que Rueda representa "máis dos mesmo". "Un tempo político esgotado que xa deu de si todo o que podía dar", incidiu.

   O discurso do portavoz socialista foi seguido desde a tribuna de invitados polo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso; a vicesecretaria xeral e alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, entre outros cargos socialistas como o presidente da Fegamp, Alberto Varela; e o senador Xoaquín Fernández Leiceaga.

Leer más acerca de: