Álvarez (PSdeG) di que calquera militante se pode presentar a primarias e ve a Besteiro como un "magnifico activo"

O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, en rolda de prensa
PSDEG
Publicado: lunes, 12 junio 2023 14:41

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 Jun. (EUROPA PRESS) -

   O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, incidiu en que calquera militante pode presentarse ao proceso de primarias que os socialistas galegos celebrarán en setembro para elixir o seu candidato á Xunta e asegurou que o político lucense José Ramón Gómez Besteiro é un "magnífico activo".

   Así se pronunciou nunha rolda de prensa celebrada este luns ao ser preguntado sobre se o até agora delegado do Goberno en Lugo e próximo cabeza de lista do PSdeG ao Congreso por Lugo debería presentarse ao proceso interno anunciado o domingo polo secretario xeral, Valentín González Formoso.

   "Creo que sería un magnífico activo para o Partido Socialista, díxeno xa fai máis de ano e medio e mantéñoo, pero tamén digo que o secretario xeral do PSdeG anunciou onte no comité nacional que o PSdeG vai abrir un proceso de elección en setembro", sinalou.

   Neste sentido, sostivo que a primarias están convocadas con "suficiente antelación para que calquera militante, home ou muller que considere que ten capacidade de ilusionar e de xerar un proxecto gañador se presente e participe, entre eles, se así o considera, Besteiro".

Leer más acerca de: