Ana Pontón considera a sucesión de Feijóo "a historia interminable" e dúbida de que "co seu secundario" Galicia mellore

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, no Parlamento
BNG
Publicado: sábado, 23 abril 2022 12:13

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Abr. (EUROPA PRESS) -

   A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou este sábado que a sucesión de Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta é "a historia interminable" e valorou que "se con Feijóo Galicia foi a menos" non cre que "co seu secundario as cousas melloren", en referencia ao líder do PP na provincia de Pontevedra e candidato a liderar o PPdeG e o goberno autonómico, Alfonso Rueda.

   Neste sentido, criticou que Feijóo dimita "en diferido" e denunciou que o agora líder do PP nacional leva "tres meses traballando para o PP, pero cobrando dos galegos".

   Así mesmo, na inauguración da xornada de traballo 'Por un rural vivo' que a formación nacionalista celebrou este sábado no Parlamento galego para analizar a situación do rural e presentar as alternativas do BNG para darlle futuro a este ámbito, Pontón fixo balance e concluíu que Feijóo deixa "unha Galicia peor".

   Sobre isto, censurou que o aínda presidente da Xunta dixese esta semana que "a sanidade pública está colapsada" cando, a xuízo da nacionalista, "parece que el é un comentarista". "Como se non levásemos anos de recortes e desmantelamento", reafirmou.

   Así, cuestionada pola valoración sobre o probable próximo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, Pontón insistiu en que "se con Feijóo Galicia foi a menos" non cre que "co seu secundario as cousas melloren".

Leer más acerca de: