SANTIAGO DE COMPOSTELA 30 Ene. (EUROPA PRESS) -
A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, condenou este luns o último asasinato dunha muller a mans do seu marido, acontecido no Carballiño (Ourense), ao tempo que esixiu dos poderes públicos "máis medios e máis recursos" para frear a "forte escalada" de violencia machista que se está a rexistrar.
Ao inicio dunha rolda de prensa convocada para falar sobre a tarifa eléctrica, a líder nacionalista censurou o "incremento da violencia contra as mulleres" e requiriu "máis contundencia" á hora de loitar contra ela e "máis empeño" para eliminar as súas causas.
Neste sentido, nun novo día de "indignación e rabia", xulgou "necesario desmontar o patriarcado" e a "mentalidade" que está detrás da violencia machista. Finalmente, a tamén voceiro parlamentaria do Bloque sinalou que é este "un día de alento para seguir loitando contra un dos maiores problemas sociais" que existen actualmente.