SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Oct. (EUROPA PRESS) -
O secretario xeral do PSdeG e aspirante á reelección, Gonzalo Caballero, afeou ao seu adversario nas primarias, Valentín González Formoso, que criticase á dirección do partido durante a xornada do mércores, na que tivo lugar o debate de política xeral na Cámara galega.
Para Caballero, durante o pasado mércores "todos" os membros do Partido Socialista deberían estar "centrados en confortar coas políticas da dereita e en dar respostas de esquerda", polo que considera "pouco afortunado" que Formoso acudise á sede do partido a presentar os seus avais e "criticar" á dirección do PSdeG.
"Todos os socialistas que combatemos as políticas do PP desde unha perspectiva de esquerdas estabamos centrados onte (mércores) en ofrecer unha alternativa mellor para os galegos", incidiu Caballero, que acusou ao seu contricante de pretender "marcar goles en propia meta" e "facer o traballo a Feijóo e ao PP".
O aspirante á reelección visitou este xoves varios puntos da Mariña luguesa como O Valadouro e Foz, onde mantivo encontros coa militancia, frrente á que reivindicou "o avance" da organización desde a súa chegada á Secretaría Xeral.
Nesta liña, fixo un chamamento a "seguir fortalecendo" o proxecto "desde a esquerda e coa forza da militancia" en base a ideas como "o galeguismo, o ecoloxismo e o compromiso coa ética pública".