A calidade do aire de varios puntos de Vigo sitúase en 'moi mala' como consecuencia dos incendios de Portugal

Saída do sol no Monte do Gozo en Santiago,  tinguido de vermello polo fume que chega a Galicia desde os incendios do norte de Portugal. A 19 de setembro de 2024.
ÁLVARO BALLESTEROS-EUROPA PRESS
Publicado: jueves, 19 septiembre 2024 12:03

   Galicia volve amencer co sol tinguido de vermello porque parte da luz solar debe atravesar unha densa capa de nubes que conteñen fume

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Sep. (EUROPA PRESS) -

   A calidade do aire de Vigo empeora e sitúa varios puntos da cidade en alerta por 'moi mala' e 'mala' calidade como consecuencia dos incendios que arrasan o norte e centro de Portugal.

    Segundo Meteogalicia, a estación de Coia e a que se atopa preto da fábrica de Stellantis están nunha situación 'moi mala' debido ao contaminante PM25 (formadas nos incendios).

    Pola súa banda, nunha situación 'mala' atópanse a estación de Lope de Vega e a do polígono de Balaídos.

   O resto de Galicia, menos en Cee (A Coruña) onde a calidade do aire tamén é 'moi mala', atópase nunha situación favorable ou boa.

    Neste sentido o organismo detallou que se espera a chegada de masas de aire africano polo que os niveis destas partículas poderán incrementarse a medida que avanza o día.

    Os niveis elevados das partículas PM25 nas Rías Baixas e no oeste da provincia da Coruña son consecuencia dos lumes de Portugal.

RECOMENDACIÓNS

   É por iso, que Meteogalicia pide seguir diferentes recomendacións para a protexer a saúde xa que as condicións do aire afectan a toda a poboación.

    En lugares coa calidade do aire 'moi mala' recomendan, tanto a grupos de risco como á poboación xeral, evitar toda a actividade física no exterior e considerar realizar as actividades no interior ou pospolas para cando o aire sexa bo ou moderadamente bo.

LÚA E SOL VERMELLOS

   Outra consecuencia dos incendios, do mesmo xeito que na xornada do mércores, derivou en que desde varios puntos da comunidade galega tanto a lúa como o sol vísense tinguidos de vermello.

    A explicación deste fenómeno, segundo fontes de Meteogalicia consultadas por Europa Press, débese a que é un "efecto óptico" no que parte da luz do sol debe de atravesar unha densa nube que contén fume procedente dos incendios.

Contador