SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Mar. (EUROPA PRESS) -
Os grupos parlamentarios chegaron a un acordo, ante unha iniciativa defendida polo BNG, para impulsar a actividade comercial do Porto da Coruña, licitar o acceso ferrorivarrio do porto exterior de Langosteira e esixir que se condone a actual débeda.
En concreto, populares e socialistas apoiaron este mércores un texto transaccionado sobre unha proposición non de lei exposta a última hora do martes no pleno pola deputada nacionalista Mercedes Queixas.
En concreto, o texto aprobado insta á Xunta a demandar do estado un plan estratéxico de recuperación e impulso da actividade comercial do Porto da Coruña, desde a súa representación no Consello de Administración da Autoridade Portuaria.
Así mesmo, reclama a licitación do acceso ferroviario do porto exterior da Punta Langosteira antes do próximo mes de xuño co compromiso firme do Ministerio de Transportes, Mobilidade, e Axenda Urbana de incluír nos fondos europeos, e na súa falta, asegurar recursos orzamentarios para a súa execución.
Por último, esixe a condonación da débeda do Porto da Coruña con Portos do Estado ou a concesión dunha achega económica da cantidade equivalente.