O Concello de Frades, gobernado polo PP, insta á Xunta a cubrir as baixas dos médicos titulares

Publicado: viernes, 2 diciembre 2022 18:49

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 Dic. (EUROPA PRESS) -

   O Pleno Municipal do Concello de Frades (A Coruña), gobernado polo PP, aprobou por unanimidade este venres unha moción promovida polo grupo socialista para instar á Consellería de Sanidade a cubrir os postos dos médicos titulares do municipio cando estes non poidan acudir a facer o servizo, así como restablecer o servizo de pediatría.

   Segundo sinalou o Concello nun comunicado, o portavoz socialista, Enrique Astray, explicou que "os dous médicos titulares non están no seu posto e, no canto de cubrir as baixas, só mandan un médico e con horario incompleto".

   Así, o alcalde de Frades, Roberto Rei Martínez, puntualizou que "este xoves se incorporou a médica que estaba con permiso de excedencia e sabemos que o segundo médico farao nos próximos días". Ademais, confirmou "levar un tempo en contacto coa Xerencia de Atención Primaria e Consellería para abordar esta e moitas outras cuestións que garantan que garantir que os veciños reciban a mellor atención".

   Sobre a situación do servizo de Pediatría, o alcalde de Frades confirmou que "mentres non haxa novos pediatras ou unha das actuais acceda á proposta de que a mesma persona veña nun mesmo día a Frades e a Mesía, o servizo seguirá centralizado en Ordes".

   Doutra banda, o tres grupos acordaron, a petición do BNG, incluír na moción "un reproche expreso ao 061", para "esixir explicacións" por unha incidencia rexistrada a mediados de novembro, "cando un alumno do CPI de Ponche Carreira necesitou asistencia médica e desprazáronse dúas ambulancias sen facultativo a atendelo".

Leer más acerca de: