Conde remite a Rueda para a análise dos resultados e do adianto das xerais

Archivo - Arquivo - O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, comparece en rolda de prensa após o Consello da Xunta
XOÁN CRESPO / XUNTA - Archivo
Publicado: lunes, 29 mayo 2023 12:54

SANTIAGO DE COMPOSTELA 29 May. (EUROPA PRESS) -

O vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde, remitiu ao presidente galego, Alfonso Rueda, e ao comité executivo que celebra este luns o PPdeG para que sexa o máximo mandatario o que traslade a análise dos resultados electorais deste domingo e tamén do "novo contexto" co adianto das xerais que anunciou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

A preguntas dos xornalistas antes dun acto en Santiago sobre a posibilidade de que a Xunta convoque unha reunión extraordinaria este mesmo luns, Conde indicou que está convocado o comité executivo "e non hai ningún tipo de previsión adicional".

En canto ás municipais, "España e todos os españois tomaron a palabra" e "trasladaron a posición clara sobre a situación política e económica que hai en España", interpretou.

"Nese sentido teremos que abordar un novo contexto electoral para dar esa resposta. Creo que é o que precisan neste momento os españois", advertiu.

Así, apuntou á reunión do comité executivo do PP de Galicia e subliñou que "nese contexto farase unha análise tanto do resultado das eleccións como deste novo contexto e será o momento no que o propio presidente --Rueda-- poida trasladar a posición".

Leer más acerca de: