SANTIAGO DE COMPOSTELA 7 Dic. (EUROPA PRESS) -
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou o seu rexeitamento a establecer "taxas directas" por prestacións sanitarias e apuntou que sería "o último recurso" no caso de que España estivese nunha situación no que o Sistema Nacional de Saúde (SNS) "se vise ao bordo da quebra".
Tras presidir o Consello da Xunta, o xefe do Executivo galego remarcou que, en calquera caso, é unha práctica que "non aconsella", se ben matizou que hai outras prestacións que "non son sanitarias" que si "se"poden estudar".
Manifestouno tras ser preguntado polas declaracións que fixo nunha entrevista en intereconomía onde, tras ser consultado pola súa opinión sobre o 'ticket moderador', avogou por debater sobre unha nova prestación farmacéutica ou, por exemplo, sobre a aplicación do copagamento a servizos non clínicos no caso dunha hospitalización.
Despois da reunión semanal do seu Goberno, Feijóo insistiu en que outros países europeos "reflexionaron" e tomou "decisións" sobre prestacións sanitarias.
"Eu pronúnciome sobre iso, pero si digo que non son partidario de establecer taxas por prestacións sanitarias en sentido estrito, por consultas, probas diagnósticas ou actividade cirúrxica," resolveu o máximo mandatario autonómico.