Por unanimidade, non se considera coautora de ningún delito á única muller
A CORUÑA, 24 Nov. (EUROPA PRESS) -
O xurado do xuízo pola malleira mortal a Samuel Luiz declarou culpable de asasinato a tres dos cinco mozos xulgados por estes feitos, ocorridos na madrugada do 3 de xullo de 2021 no paseo marítimo coruñés, e como cómplice a outro dos acusados mentres que absolveu á única muller xulgada.
No caso dos tres primeiros trátase de Diego M.M., a persoa que iniciou a agresión; Alejandro F.G., a quen se atribuíu agarralo polo pescozo e por detrás, e Kaio A.S.C., que algunha testemuña situou como a persoa que cargou a perna para lanzar unha patada. Os tres estaban xa en prisión.
Como cómplice, e por sete votos, a Alejandro M.R., do que algunha testemuña dixo que estaba no núcleo da agresión sen confirmar se pegou. El, como Catherine S.B., estaba en liberdade con obrigación de comparecencias. A ela, por unanimidade, considérana non culpable nin como coautora nin como cómplice.
No caso dos dous primeiros, o xurado considéraos, por unanimidade, coautores de delito de asasinato con aleivosía, non ensañamento, e no do terceiro foi, por maioría de sete votos. Por unanimidade, si se lle considera autor polo roubo da vítima.
(Haberá ampliación)