SANTIAGO DE COMPOSTELA 13 Mar. (EUROPA PRESS) -
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este martes que a nova Axencia de Innovación de Galicia "empezará a funcionar nos próximos días" e explicou que o seu labor se fundamentará en "a colaboración e a cooperación" coas universidades e as empresas.
A súa creación supón, segundo dixo Feijóo na súa primeira intervención no Debate sobre o Estado da Autonomía, "profesionalizar a aposta pola innovación" do Goberno galego, toda vez que "se someterá de forma constante a indicadores claros e medibles".
"No mesmo obxectivo", detallou, "afondará" a nova Lei de Innovación, que considerou "prioritaria" no calendario lexislativo "comprometido" para os próximos meses.