Debate.- A Xunta reducirá o gasto farmacéutico un 7% este ano para lograr un aforro de "60 millóns de euros"

Feijóo En Su Intervención  En El Debate Del Estado De La Autonomía
EUROPA PRESS
Actualizado: martes, 13 marzo 2012 12:31

SANTIAGO DE COMPOSTELA 13 Mar. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou dúas medidas no ámbito sanitario en virtude das cales espera lograr un aforro de 80 millóns de euros ao longo deste ano. A máis importante é a redución do gasto farmacéutico nun sete por cento respecto "ao xa reducido o pasado ano" para lograr 60 millóns de euros.

Na súa primeira intervención no Debate sobre o Estado da Autonomía, Feijóo xa indicado que os 20 millóns de euros restantes se lograrán a través dun "impulso" á plataforma loxística. E é que, tras a súa "adxudicación", se procederá á centralización nun "único punto" a distribución do material funxible sanitario e non sanitario.

Estes 80 millóns de euros, tal e como asegurou o presidente autonómico, utilizaranse para "reforzar o sistema sanitario público galego".

A liña seguida, proclamou que "o mellor servizo público que neste momento pode prestar un xestor público é asegurar a viabilidade das prestacións esenciais que perciben os cidadáns".

A maiores, recordou que a Xunta construirá este ano 19 escolas infantís (1.005 prazas) e iniciará a construción doutras 21, para que estean en funcionamento en 2013. Así mesmo, ao longo deste ano poranse en marcha 15 centros de atención a maiores e iniciarase a construción doutros seis.