Debate.- A Xunta "rematou" o documento base da nova Lei do Solo e mantén "intacta" a súa reivindicación para o AVE

Actualizado: martes, 13 marzo 2012 12:51

SANTIAGO DE COMPOSTELA 13 Mar. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Xunta, Alberto Núñes Feijóo, asegurou que a Xunta xa ten "rematado" o documento de bases para a futura Lei do Solo, porque Galicia "non se pode permitir máis esperas", e recordou que os contactos en busca de acordo parlamentario "xa se"iniciaron".

Ademais, apuntou que o Goberno galego é "consecuente" coa súa postura e "non mudou un ápice o compromiso de contarlles a verdade do AVE aos galegos". "Mantemos intacta a nosa reivindicación de que a alta velocidade galega e as autovías pendentes --a do Cantábrico e a que une Lugo e Santiago-- non poden aguantar máis atrasos", manifestou Feijóo.

Así mesmo, o mandatario autonómico avanzou que en 2012 se abrirán 60 quilómetros máis de estradas de titularidade autonómica, despois de que se executasen preto de 84 novos quilómetros de altas prestacións. Actualmente, hai un total de 395.