Denunciado un mozo por ouriñar nun desfibrilador situado nun parque de Lugo e darlle patadas

Publicado: lunes, 7 octubre 2024 11:56

   LUGO, 7 Oct. (EUROPA PRESS) -

   Un mozo de 26 anos de idade e veciño de Lugo foi denunciado polos axentes da Policía Local após ser sorprendido no Parque Rosalía de Castro da cidade da Muralla cando ouriñaba sobre o soporte dun desfibrilador para, acto seguido, darlle unha patada.

   Segundo informou este luns a Policía Local, os feitos ocorreron o pasado día 4, cando o mozo foi sorprendido propinando uns golpes ao aparello, que caeu ao chan.

   Ante iso, a Policía Local procedeu a instruír o correspondente ateigado para a súa remisión á autoridade competente polos danos causados, sendo proposto para unha sanción con multa de até 900 euros pola citada conduta incívica.

Contador

Leer más acerca de: