LUGO, 4 Ene. (EUROPA PRESS) -
A Deputación de Lugo asegurou que o Centro de Atención a Maiores de Trabada (Lugo) está libre de covid despois de comprobarse que o caso dunha traballadora tratábase dun "falso positivo".
Nun comunicado remidio aos medios, a institución provincial informa de que este luns tivo coñecemento dos resultados dun cribado realizado o pasado sábado polas autoridades sanitarias, no que só unha persona traballadora deu positivo.
A Deputación explica que ao considerar que "podería tratarse dun falso positivo", a maiores das medidas iniciadas polo Sergas decidiu realizar a esta persona este mesmo luns unha PCR con recursos propios nun centro de diagnóstico lucense autorizado pola Xunta.
Segundo indicou, o resultado desta proba PCR foi negativo polo que, á espera das probas que tamén lle practicará o Sergas a esta persona, "a residencia de Trabada segue libre de covid-19".