Desaloxan por precaución unha residencia en Vigo tras o incendio nunha secadora

Archivo - Sede do 112, Axega
112 - Archivo
Publicado: sábado, 23 noviembre 2024 20:53

   VIGO, 23 Nov. (EUROPA PRESS) -

   Unha residencia de anciáns de Vigo tivo que ser desaloxada, como medida de seguridade, tras declarase un incendio nunha secadora. Do suceso non houbo que lamentar persoas feridas.

   Segundo informou o 112 Galicia, o lume produciuse sobre as 17.00 horas deste sábado na residencia situada na rúa Hernán Cortes.

    Até o punto desprazáronse os Bombeiros de Vigo que indicaron que nas instalacións había bastante fume. Os residentes puideron volver aos seus cuartos tras comprobar que as condicións eran óptimas.

    No operativo tamén participou a Policía Local e os axentes da Policía Nacional.

Contador

Leer más acerca de: