Detidas cinco persoas na desarticulación dun punto de venda de drogas en Pontevedra

Coche da Policía Nacional
POLICÍA NACIONAL
Publicado: jueves, 28 noviembre 2024 10:39

   PONTEVEDRA, 28 Nov. (EUROPA PRESS) -

   A Policía Nacional, coa colaboración da Policía Local, detiveron a cinco persoas, tres homes e dúas mulleres, na desarticulación dun punto de venda de drogas no barrio da Seca, en Pontevedra.

    Segundo explicou o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, a operación, denominada 'Dry', produciuse este mércores e os axentes rexistraron tres domicilios.

    No operativo incautaron haxix e marihuana, material para distribuír as sustancias e diñeiro en efectivo "produto da venda". Os detidos quedaron en liberdade á espera de ser chamados para declarar polo Xulgado número tres de Pontevedra.

    Losada detallou que había queixas dos veciños polo tránsito de persoas que acudían a eses domicilios "a comprar drogas". "Actuouse para desarticular esta rede de venda de droga porque a tranquilidade da xente que vive na Seca e as inmediacións tamén é un obxectivo policial", detallou.

    Así mesmo, Abel Losada felicitou o "excelente traballo" que realiza a comisaría de Pontevedra para reforzar a seguridade cidadá e á Policía Local que "colaborou intensamente".

Contador

Leer más acerca de: