SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 Abr. (EUROPA PRESS) -
A Garda Civil detivo a un home, de 72 anos, no municipio ourensán do Bolo como presunto autor de matar á súa muller cunha arma branca.
Segundo fontes consultadas por Europa Press, os feitos producíronse sobre as 18.20 horas deste domingo na parroquia das Ermidas e até o punto desprazouse un helicóptero medicalizado. Con todo, os profesionais sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida á vítima, de 76 anos.
A Garda Civil investiga os feitos como un posible caso de violencia machista.