Detido un mozo de 23 anos en Vigo após agredir á súa nai despois de que o rifase por estar a fumar

VIGO, 24 Jun. (EUROPA PRESS) -

Un mozo, J.T.C. de Vigo e 23 anos de idade, foi detido na noite deste pasado domingo após agredir á súa nai despois de que ela lle rifase por estar a fumar no seu cuarto cuns amigos.

En concreto, segundo informa a Policía Local, os feitos ocorreron minutos despois das 22.00 horas nunha vivenda situada no camiño Lavandeiras e foi a propia muller a que alertou aos axentes.

Unha vez no punto, a nai manifestou que o seu fillo, en compañía duns amigos, atopábase no interior da súa habitación fumando, polo que lles chamou a atención. Por iso, o mozo reaccionou de forma agresiva, seguíndoa pola vivenda até agarrala polos brazos, zarandearla e lanzala contra a xanela, á vez que lle gritaba que fose a última vez que o deixaba en evidencia diante dos seus amigos.

Os funcionarios comprobaron que a muller presentaba lesións en ambos os brazos. Ela tamén indicou que nos últimos meses a convivencia co seu fillo era complicada. Por todo iso, o mozo foi detido como presunto autor dun delito de violencia no ámbito familiar.

Leer más acerca de: