O mozo chegou a conducir, até en catro ocasións, a 120 quilómetros por hora en vías urbanas limitadas a 30
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 Ene. (EUROPA PRESS) -
A Policía Nacional detivo no municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa a un mozo que compartiu vídeos en redes sociais nos que circulaba de forma temeraria.
Segundo indicou o corpo policial, o detido, que non tiña permiso de conducir, chegou a circular, até en catro ocasións, por vías urbanas, con velocidade limitada a 30, a 120 quilómetros por hora e sen levar posto o cinto de seguridade.
A investigación comezou en tarefas de 'ciberpatrullaje' nas que os axentes detectaron uns vídeos, nunha rede social, nos que un mozo realizaba perigosas manobras cun vehículo.
Os axentes pescudaron a identidade do novo e comprobaron que non tiña permiso de conducir. Por todo iso, o mozo foi detido por un delito contra a seguridade viaria.