LUGO 25 Ago. (EUROPA PRESS) -
A Policía Nacional detonou en Lugo unha granada antiga, datada no ano 32 e denominada Valero 50, aparecida no río Miño á altura do parque da Tolda, segundo informa.
O aviso recibiuno a Sala do 091, coa chamada dun bañista que dicía haber atopando un artefacto explosivo na beira do río Miño.
Ao lugar, desprazáronse indicativos policiais da Comisaría Provincial de Lugo, que verificaron que se trataba dunha granada nun estado de oxidación importante.
A mesma fora trasladada desde o lugar onde foi localizada ao interior dun parque, lugar que é acordoado, segundo establecen os protocolos de actuación.
Tamén acudiu a unidade TEDAX, cuxos especialistas, após examinar
o artefacto, determinan que, para evitar danos e perigos co
traslado, debido ao estado de conservación do explosivo, é necesario detonalo no lugar.
"Por iso, tratándose dun espazo aberto e perfectamente
acordoado, considerando o perigo nulo, a altas horas da
madrugada os TEDAX proceden á súa detonación e destrución", explica a Policía Nacional.