SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 Abr. (EUROPA PRESS) -
O dono de Sargadelos, Segismundo García, enviou unha carta á Inspección de Traballo na que avisa de que fixa a semana que vén como período vacacional na fábrica de Cervo (Lugo).
Faio, segundo indica o comunicado, remitido tamén a Europa Press, "en tanto non se resolven convenientemente as faltas e deficiencias detectadas".
E é que este novo escrito de Segismundo García enumera toda unha serie de circunstancias da planta que poderían afectar á saúde dos traballadores, á parte das 36 deficiencias xa detectadas por Inspección de Traballo que levaron unha multa de 5.000 euros.
Todo iso, despois de que a Inspección de Traballo abrise un expediente tras comprobar que dúas traballadoras desenvolveron silicose.