Dous falecidos e tres feridos nun accidente múltiple en Vedra

Accidente do 112
112
Publicado: viernes, 15 noviembre 2024 9:45

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Nov. (EUROPA PRESS) -

   Dúas persoas faleceron e tres resultaron feridas --unha delas de gravidade-- nun accidente con tres vehículos implicados no municipio coruñés de Vedra, ocorrido na noite do pasado xoves.

   Segundo informa o 112 Galicia, o sinistro tivo lugar cara ás 23,20 horas do xoves no quilómetro 323 da N-525, na parroquia vedrense de Santa Cruz de Ribadulla. Diversos particulares alertaron da gravidade do accidente e sinalaban que había polo menos dúas persoas atrapadas nos vehículos.

    Os efectivos do GES da Estrada tiveron que intervir para excarcerar os corpos sen vida das dúas persoas falecidas no accidente. Tratábase dos condutores de dous dos vehículos implicados, un home e unha muller, que chocaron frontalmente. Nun destes automóbiles viaxaba tamén outra persona, que resultou ferida de gravidade. O terceiro coche circulaba detrás dun deles, e os seus dous ocupantes sufriron tamén feridas.

   Por parte do 112 Galicia solicitouse de inmediato a intervención do 061, GES da Estrada, Garda Civil de Tráfico e de servizos de mantemento da estrada. Tamén se informou aos profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (Gipce) --do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia-- para ofrecer asistencia psicolóxica aos familiares dos implicados de ser necesario.

Contador