Dúas persoas atracan a punta de pistola unha nave de cereais en Vilaboa (Pontevedra)

Archivo - Un axente da Garda Civil, de costas.
GUARDIA CIVIL - Archivo
Publicado: sábado, 7 septiembre 2024 18:02

   PONTEVEDRA, 7 Sep. (EUROPA PRESS) -

   Dúas persoas atracaron a punta de pistola unha nave de cereais no municipio pontevedrés de Vilaboa e levaron o diñeiro da caixa rexistradora.

   Foi sobre as 10.00 horas deste sábado, segundo fontes coñecedoras do suceso consultadas por Europa Press, cando duas persoas, co rostro cuberto con máscara, entraron no establecemento.

    Polo momento, descoñécese a cantidade de diñeiro que había na caixa e se as armas curtas eran reais ou simuladas. Ninguén resultou ferido e a investigación permanece aberta.

Contador