SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 Dic. (EUROPA PRESS) -
A cantante arxentina Emilia Mernes súmase ao cartel do PortAmérica que se celebrará no municipio pontevedrés de Portas do 3 ao 5 de xullo.
Segundo informou a organización do festival, este será o único concerto da cantante arxentina. Desta forma, a artista sumar outros xa anunciados como Melendi, Love of Lesbian, Mikel Izal, Viva Suecia, Recycled J, Iván Ferreiro, Alcalá Norte, Carlos Ares e La La Love You, entre outros.
Desta forma, os abonos xa están dispoñibles na páxina web do festival.