Evacuan por mar a unha muller en Cee (A Coruña) tras sufrir unha indisposición na praia de Gures

Publicado: sábado, 14 diciembre 2024 19:26

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Dic. (EUROPA PRESS) -

   Salvamento Marítimo tivo que evacuar a unha muller en Cee (A Coruña) tras sufrir unha indisposición na praia de Gures.

   Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 16.00 horas deste sábado e foi o acompañante da afectada quen deu a voz de alarma.

   Até o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que determinaron que o rescate por terra era inviable pola subida da marea que impedía o acceso da ambulancia á praia.

   Por iso, Salvamento Marítimo enviou unha embarcación para evacuar á muller e ao seu acompañante até o porto de Cee, onde a esperaba unha ambulancia.

    A central de emerxencias tamén informou os Bombeiros de Cee, á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Contador