SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Dic. (EUROPA PRESS) -
Os Bombeiros de Verín tiveron que excarcerar a un home, de idade avanzada, tras envorcar co seu vehículo nunha pista que une a N-525 co lugar da Veiguiña, en Trasestrada.
Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse minutos antes das 11.30 horas deste domingo e foi un particular o que deu a voz de alarma.
En home non conseguía abrir as portas do vehículo, que quedou envorcado lateralmente e apoiado contra unha árbore. Até o punto desprazáronse os profesionais sanitarios, o GES da Gudiña, a Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil de Riós.
Posteriormente, o home foi trasladado en ambulancia polos servizos sanitarios.