Un fallo técnico nun tren de Vigo-A Coruña provoca unha nova incidencia con pasaxeiros esperando a ser recolocados

Archivo - Arquivo - Pasaxeiros na plataforma dunha estación
EUROPA PRESS - Archivo
Publicado: miércoles, 18 septiembre 2024 12:40

A CORUÑA 18 Sep. (EUROPA PRESS) -

Un fallo técnico no tren Vigo-A Coruña das 06.15 horas provocou unha nova incidencia con pasaxeiros esperando a ser recolocados.

Desde Renfe confirmaron a Europa Press que este tren, que presta habitualmente servizo en dobre composición (circulando dous trens axustados) fíxoo esta mañá en sinxelo (coa circulación dun só).

A esta circunstancia, atribuíron a repercusión nos pasaxeiros que non puideron ir ao seu destino no horario previsto e tiveron que esperar a que se lles dese outras alternativas para poder viaxar. Renfe explicou que foi algo "puntual por unha incidencia técnica".

Fontes da compañía apuntaron que se tentou buscar desde primeira hora medios alternativos "o que non foi posible xa que non se atoparon autobuses dispoñibles".

Tamén dixeron que se activou o protocolo "para avisar aos viaxeiros, enviáronse Sms e a información para que Adif emitise en pantallas e megafonía".

"Para garantir a chegada de todos os viaxeiros a destino, foron recolocados noutras circulacións", apuntaron desde Renfe que lamentaron as molestias que se puideron ocasionar pola espera dos pasaxeiros.

Leer más acerca de: