Ferido un condutor que se precipitou á ría co seu coche desde a ponte das Pías, en Fene (A Coruña)

Publicado: jueves, 21 noviembre 2024 14:06

SANTIAGO DE COMPOSTELA 21 Nov. (EUROPA PRESS) -

Un condutor, M.A.G.V., de 44 anos de idade, resultou ferido este xoves após precipitarse co seu coche á ría de Ferrol desde a ponte das Pías, en Fene (A Coruña), segundo informou o CIAE 112 Galicia.

O accidente ocorreu pasadas as 12,30 horas, cando un particular contactou con Emerxencias para informar de que presenciara o sinistro e que cría que un vehículo se caeu á ría. O 112 Galicia alertou a Urxencias Sanitarias-061, Garda Civil de Tráfico, GES de Mugardos, Policía Local e Protección Civil de Gene e ao servizo de mantemento da vía.

Os axentes de Policía Local desprazados á zona confirmaron que un coche se precipitou desde a ponte e que se atopaba flotando no mar. O condutor, e único ocupante do vehículo, logrou saír polos seus propios medios e chegou nadando a terra.

Con todo, o home presentaba signos de hipotermia e foi trasladado nunha ambulancia de soporte vital básico ao hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, segundo confirmaron fontes do 061.

Contador

Leer más acerca de: