Ferido un operario no aeroporto de Alvedro (A Coruña) durante a asistencia en terra dun avión

Publicado: lunes, 15 julio 2024 10:11

    A CORUÑA, 15 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Un operario resultou ferido o aeroporto de Alvedro, na Coruña, cando participaba nas tarefas de asistencia en terra dunha aeronave.

   Segundo informaron fontes consultadas por Europa Press, o suceso tivo lugar ás 20,00 horas e o traballador pertence á empresa South Europe Ground Service.

   O home, que participaba nas tarefas de atención ao avión, recibiu auxilio médico no lugar dos feitos e, posteriormente, foi trasladado ao hospital.

   O accidente está baixo investigación da Garda Civil.