Formoso critica o "colapso sanitario" que vive Galicia e pide á Xunta "medidas urxentes e excepcionais"

Publicado: jueves, 26 mayo 2022 15:29


SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 May. (EUROPA PRESS) -

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, criticou este xoves o "colapso sanitario" que vive Galicia e pediu á Xunta "medidas urxentes e excepcionais" para pór fin a esta situación.

En declaracións aos medios de comunicación durante a súa visita ás Festas da Ascensión en Santiago de Compostela, Formoso mostrou a súa "preocupación" por como se atopa na actualidade o sistema sanitario galego, con pacientes que tardan máis de 14 días en poder asistir ao seu médico de familia.

Tamén lamentou a situación na que se atopan os hospitais galegos, onde se tardan "seis ou sete meses" en diagnosticar enfermidades graves. Ademais, puxo o foco nos servizos de urxencias, "colapsados" e con pacientes durante 48 horas nos corredores sen que se lles asigne unha habitación.

Por todo iso, esixiu á Xunta "medidas urxentes e excepcionais" para mellorar esta situación, após ver "fotografías horribles" de persoas maiores nos corredores dos hospitais galegos durante máis dun día.

Segundo el, é verdade que a día de hoxe hai unha falta de médicos a nivel nacional, pero lembrou que a Xunta renunciou hai dous anos a contratar a 125 facultativos "e as consecuencias páganse agora", do mesmo xeito que as previsións de deseño das infraestruturas, que terían que adaptarse ás necesidades dos usuarios.

Por outra banda, Formoso tamén criticou ao Bloque Nacionalista Galego (BNG) após só apoiar este mércores dous dos cinco puntos dunha iniciativa do PSdeG que condenaba a invasión rusa de Ucraína.

"Paréceme indignante", lamentou o líder dos socialistas galegos, criticando que o Bloque "non queira sancionar a Rusia" e lembrou que tampouco foi posible sacar adiante unha declaración institucional polo 'non' dos nacionalistas.

Leer más acerca de: