SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Sep. (EUROPA PRESS) -
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, considera que a deflactación do IRPF para as rendas inferiores a 35.000 euros anunciada este martes constitúe "unha lismona" en comparación coa rebaixa fiscal "aos millonarios" que supón o aumento da bonificación ao imposto de patrimonio.
O responsable dos socialistas galegos, que se atopa este martes en Madrid expresou a súa desconformidade coas medidas en materia fiscal anunciadas este martes polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a súa comparecencia no Parlamento de Galicia.
En declaracións difundidas aos medios polo PSdeG, Formoso mostrou o seu "procupación" por que Rueda "siga facendo seguidismo da política fiscal que fan Feijóo e Ayuso", xa que supón "someter a Galicia a Madrid".
"Parécenos absolutamente indigno", apostilou o líder do PSdeG, para quen a política fiscal do Goberno galego resúmese en que "rebaixa un 50%" nos impostos para as rendas altas "e un 4%" ás dos traballadores.
"Se hai marxe suficiente para unha nova política fiscal hai que facela pensando nos traballadores e non nas rendas altas. Non pode ser esmola para as rendas baixas e unha cantidade importantísima para os millonarios", aseverou Formoso.