Galicia, disposta a acoller a 26 novos menores migrantes de Canarias e Ceuta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participa xunto ao director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rei, na Conferencia Sectorial de Infancia e Mocidade.
XUNTA DE GALICIA
Publicado: miércoles, 10 julio 2024 21:18

   A Xunta mostra a súa "solidariedade" na recepción de menores migrantes: "Galicia foi, é e será lugar de acollida"

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Jul. (EUROPA PRESS) -

   A Xunta de Galicia confirma estar disposta a acoller a 26 novos menores migrantes procedentes de Canarias e Ceuta após participar na Conferencia Sectorial que aborda a situación e onde a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reivindicou a Galicia como "lugar de acollida".

    O Goberno galego confirma así o seu voto a favor na reunión entre Goberno e comunidades celebrada en Santa Cruz de Tenerife para abordar a reforma da Lei de Estranxeiría para a repartición de menores migrantes non acompañados.

   Con todo, a conselleira, que interveu por videoconferencia acompañada polo director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rei, mostrouse moi crítica pola "ausencia" dunha política migratoria por parte do Executivo.

    Ademais, demandou a convocatoria dunha conferencia de presidentes e esixiu financiamento por parte do Goberno para atender aos menores ata que abandonan o sistema de protección, ademais de solicitar garantías para que todas as comunidades autónomas participen na repartición.

   Así mesmo, Fabiola García sinalou que o texto de reforma foi recibido este martes pola tarde e que o departamento "non tivo tempo suficiente para o seu estudo", na mesma liña na que se expresaron outras rexións.

    De todos os xeitos, matizan, a conferencia sectorial non ten competencias sobre o mesmo, que reside nas Cortes, polo que non será sometido a votación.

   Estes 26 menores súmanse aos 28 que Galicia aceptou recibir de Canarias en 2023, polos que aínda se atopa á espera e cos que completaba todas as prazas de acollida dispoñibles na actualidade.

Leer más acerca de: