Galicia empezará o 2 de decembro a realizar cribados para detectar cardiopatías conxénitas en neonatos

Archivo - Arquivo - Bebé recentemente nado. Galicia.
EUROPA PRESS - Archivo
Publicado: lunes, 25 noviembre 2024 14:34

    SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Nov. (EUROPA PRESS) -

   A Xunta aprobou que o vindeiro luns 2 de decembro arrinquen os cribados para detectar cardiopatías conxénitas en "todos" os bebés nados no Servizo Galego de Saúde (Sergas).

   As probas para detectar estas patoloxías, causantes do 20 por cento dos falecementos durante o primeiro mes de vida, se relizarán nas primeiras 24 horas tras o nacemento.

   Faranse a "todos" os bebés nados no Sergas. "E instaremos tamén a que se faga na privada", engadiu o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras a reunión semanal do seu gabinete.

   O mandatario autonómico aproveitou para reivindicar que Galicia conta cunha carteira de 37 cribados neonatales, "por encima" dos marcados como obrigatorios no Sistema Nacional de Saúde.

Contador

Leer más acerca de: