O goberno local de Santiago, sobre os pisos turísticos: "Non os estamos prohibindo, estamos a regulalos"

Archivo - Arquivo - Mercedes Rosón e Yara Prieto.
AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO - Archivo
Publicado: martes, 23 agosto 2022 17:19

   A concelleira de urbanismo afea á Xunta que "se negue" a cumprir "a súa propia normativa"

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Ago. (EUROPA PRESS) -

   A concelleira de Urbanismo do Concello de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón, asegurou que o consistorio da capital galega aposta por regular as vivendas turísticas e que as súas políticas non pasan por prohibir este modelo de negocio.

   "Non as estamos prohibindo, estamos a regulalas", asegurou Rosón a preguntas dos medios este martes nunha comparecencia de prensa.

   Actualmente, a capital galega conta con case 1.000 vivendas de uso turístico das cales 900 están a desenvolver a súa actividade en Compostela sen habilitación municipal, segundo indicou a edil de Urbanismo.

   "Os pisos turísticos teñen que existir, pero temos a obrigación como políticos de ter unha regulación. Todos temos que cumprir as regras, e houbo xente que non cumpriu coa normativa", aseverou a concelleira.

   Así mesmo, criticou a actitude da Xunta ante a situación: "Ao concello chámalle a atención que Turismo de Galicia teña esta negativa a cumprir a súa propia normativa", afirmou Rosón.

   Nesta liña, Mercedes Rosón subliñou que a Xunta "non está a sacar" do seu rexistro a esas 900 vivendas turísticas "ilegais". Ademais, lembrou a existencia de dúas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galica (TSXG) que "avalan" as decisións do consistorio compostelán, segundo explicou.

   Por outra banda, destacou "a importancia" desta regulación para "preservar a identidade da cidade" e "protexer o interese público". "Estámonos desdibujando como cidade universitaria e como capitla de Galicia", sentenciou Rosón.