SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Oct. (EUROPA PRESS) -
O que fora secretario xeral do PSdeG e actual parlamentario autonómico, Gonzalo Caballero, avanzou este martes a súa intención de competir co político lucense José Ramón Gómez Besteiro nas primarias nas que os socialistas galegos elixirán o seu candidato á Presidencia da Xunta.
Así o confirmou Gonzalo Caballero en declaracións aos medios nos corredores da Cámara galega. Este supón un primeiro paso no proceso interno do PSdeG, que contempla de prazo até este mércores, día 11 de outubro, para presentar as candidaturas.
A partir de aí os aspirantes postulados terán de prazo para a presentación de avais até o día 18, xornada na que se proclamarán de forma provisional os candidatos. De ratificarse as candidaturas, a campaña interna terá lugar do día 19 ao 28 de outubro.
O calendario das primarias socialistas contempla unha primeira xornada de votación o domingo día 29, que se repetiría o día 5 de novembro no caso de que fose necesario.