FERROL 11 Nov. (EUROPA PRESS) -
Axentes da Policía Nacional pertencentes á comisaría de Ferrol-Narón identificaron este domingo a unha muller por proferir insultos racistas contra un xogador do Real Racing Club de Santander, equipo contra o que se mediu o Racing de Ferrol no estadio da Malata.
Segundo comunicou o club ferrolán, a muller estaba situada na bancada de Tribuna e, despois do incidente, pedíuselle a súa identificación para dar traslado deste incidente.
Mentres, a través dun comunicado, o equipo de fútbol da cidade naval detallou que este incidente é "totalmente illado" e que o mesmo "obedece a unha conduta individual e así foi tratado polas forzas de seguridade".
"Desde o Racing Club Ferrol queremos mostrar nosa máis enérxica condena ante calquera tipo de manifestación violenta ou racista", e que por iso "poremos todos os medios ao noso alcance para perseguilas e erradicalas do noso estadio", conclúe.