SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 (EUROPA PRESS)
O que fora secretario xeral do PSdeG entre 2013 e 2016 José Ramón Gómez Besteiro será nomeado este martes polo Consello de Ministros como novo delegado do Goberno en Galicia.
Así o confirmaron fontes socialistas consultadas por Europa Press, que detallan que o expresidente da Deputación de Lugo ocupará a Delegación do Goberno en substitución de José Miñones, que deixa o cargo para asumir o Ministerio de Sanidade.
José Ramón Gómez Besteiro (Lugo, 1967) volve a primeira liña política co seu nomeamento como delegado do Goberno após permanecer sete anos apartado do foco mediático.
O que fora secretario xeral do PSdeG entre 2013 e 2016 decidiu dar un paso á beira e dimitir como líder do partido en Galicia após ser investigado pola xuíza Pilar de Lara en relación a varios delitos, todos eles arquivados.
Desde a súa saída da Secretaría Xeral do PSdeG, Gómez Besteiro permaneceu apartado do foco mediático e só se deixou ver en público en contadas ocasións, como no último congreso celebrado polo PSdeG, no que Valentín González Formoso, persona á que é moi próxima, asumiu as rendas do partido.