O litoral galego estará este luns en alerta amarela por temporal costeiro

Archivo - Arquivo - Dúas persoas observan o mar con ondas polo temporal, na praia da Lanzada, a 5 de novembro de 2023, no Grove, Pontevedra, Galicia (España).
Elena Fernández - Europa Press - Archivo
Publicado: domingo, 13 abril 2025 17:41

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Abr. (EUROPA PRESS) -

   Todo o litoral de Galicia estará este luns en alerta amarela por temporal costeiro polo paso dunha borrasca que deixará vento forte do noroeste.

    Segundo a web de MeteoGalicia, o aviso comezará ás 18.00 horas do luns e estenderase a até as 21.00 horas da mesma xornada, salvo no litoral da Mariña Lucense, que o fenómeno costeiro adverso iniciarase ás 21.00 horas e finalizará a medianoite.

    Tamén durante a xornada do luns, tal e como publica a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o suroeste e o oeste da provincia da Coruña estarán en alerta por choivas.

    Desta forma, espérase unha xornada con ceos parcialmente cubertos, choivas en calquera punto da Comunidade. A cota de neve descenderá co avance da tarde e, á noite, quedará sobre os 1.200 metros.

    En canto ás temperaturas as mínimas non sufrirán cambios e as máximas terán un descenso.

Contador